«Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» chega ao Xinzo de Limia da man do programa «Corrente cultural» de Afundación e acerca a mirada lúcida e mordaz dun dos grandes mestres do humor gráfico español. A través dos seus debuxos e viñetas, Mingote retrata con ironía e elegancia a sociedade do seu tempo, nunha traxectoria que arrincou con só 13 anos e que o levou a ser o primeiro debuxante en formar parte da Real Academia Española. Unha visita e un obradoiro para descubrir o seu humor de forma práctica e divertida
Actividades escolares