«Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel» chega ao Centro neural de Gondomar da man do programa «Corrente cultural» de Afundación. Esta exposición reúne catro peregrinacións do fotógrafo galego polo Tíbet, Senegal, México e Galicia e, a través da fotografía documental, fala da familia, a emigración, o envellecemento e o fogar, grandes temas universais que conectan coa propia experiencia migratoria do pobo galego. A través dunha visita guiada e un obradoiro adaptado, os escolares poderán afondar neles
Actividades escolares