Antonio Mingote (Sitges, 1919 – Madrid, 2012) foi un dos grandes nomes do humor gráfico durante o século XX e os primeiros anos do XXI. Desde os seus inicios ata os seus últimos traballos en ABC, desenvolveu un estilo persoalísimo que o converte en figura clave da cultura visual contemporánea. Esta exposición retrospectiva, titulada «Mingote. A intelixencia do trazo», propón un percorrido temático e cronolóxico pola obra do debuxante, ilustrador e humorista, abordando a súa traxectoria artística desde os primeiros bosquexos ata as súas creacións máis emblemáticas. O seu debuxo foi vehículo de humor, tamén de pensamento crítico e reflexión humanística.
Afundación acompáñaa cunha programación escolar para todas as idades:
Etapa escolar:
- Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «O lapis de Mingote»
- Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «Mingote, o trazo fino con humor divino»
- Visita obradoiro para escolares desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «Mingote. A intelixencia do trazo»