Un dos artistas contemporáneos con maior recoñecemento nacional e internacional chega a Vigo. Medalla de Ouro das Belas Artes, Premio Nacional de Fotografía e Premio da Fábrica, Chema Madoz presenta «A natureza das cousas», unha viaxe a través da imaxinación, as asociacións imposibles e o realismo máxico.
Convidamos a toda a comunidade escolar a descubrir o universo fotográfico de Chema Madoz con actividades para todas as idades:
Etapa escolar:
- Visita conto con obradoiro para escolares desde infantil a 4.º de E.P.: «Nas nubes»
- Visita obradoiro para escolares desde 5.º de E.P. ata 2.º da ESO: «Cousas que contan historias»
- Visita obradoiro para escolares desde 3.º da ESO, Bacharelato e CF: «Chema Madoz. A natureza das cousas»