O teatro participativo será a ferramenta máis útil, práctica e divertida para aprender inglés. Por fin chegou o final de curso e un grupo de estudantes de Secundaria dos Estados Unidos, co seu peculiar profesor á cabeza, marchan de viaxe de fin de curso por Europa! Por suposto, nada sae como tiñan planeado e, tras perder a súa guía, terán que superar as situacións máis disparatadas tentando recuperar as súas maletas. Unha viaxe a través das mitoloxías clásicas, dos equívocos culturais e do descubrimento de que, ao final, é moito máis o que nos une ca o que nos separa!
Actividades escolares