Un espectáculo audiovisual con música orixinal en directo que percorre un camiño de luces e sombras, convidándonos a viaxar por temáticas onde a mistura é protagonista, presente dende o inicio ata o final dos nosos días, sendo actriz principal no milagre da vida.
A posta en escena é un berro que defende todos os matices, apostando pola conquista do diferente, pola pluralidade e diversidade, facéndonos conscientes de que esta non pode ser incómoda e convidándonos a saír da casca e do medo.
A Fundación Igual Arte traballa con persoas con diversidade funcional no eido artístico dende 2002. Nace da premisa de que a arte é un dereito colectivo e, partindo disto, crea a primeira escola artística estable. No 2008 pon en marcha o primeiro centro ocupacional artístico, perseguindo a especialización para a integración laboral.
Aviso: neste espectáculo inclúese contido sensible: semiespido con fins artísticos nun vídeo de 4 minutos.