Premio Titirijai no Festival Internacional de Marionetas de Tolosa no ano 2015, este espectáculo cóntanos a historia dun paxaro que vivía «feliz» na súa gaiola, ata que un día tivo un soño… a gaiola abriuse e as súas ás levárono na procura doutros paxaros coma el. Vuela pluma é un conto sobre a liberdade, a amizade, a procura dos nosos soños e o respecto pola verdadeira natureza dos seres vivos. Axudándonos uns aos outros conseguiremos chegar moito máis alto.
Actividades escolares