Na biblioteca, os libros sempre son o inicio dunha aventura. «Explorando as emocións» é unha proposta que utiliza as historias como porta de entrada para falar das emocións dun xeito próximo e participativo.
En cada sesión ou «expedición emocional», o grupo convértese nun equipo de exploradores e exploradoras e percorre un territorio do mapa emocional. A través da lectura, da reflexión e de dinámicas sinxelas, o alumnado aprenderá a recoñecer o que sente, comprender mellor as súas emocións e descubrir recursos útiles para manexalas no seu día a día. Nesta primeira fase contamos con dúas expedicións: o Volcán do Enfado e o Río da Calma.