O proxecto de Letras Galegas 2026 desenvolvido pola Área Educativa está dedicado á figura de Begoña Caamaño, referente da literatura galega contemporánea. Esta proposta ofrece recursos educativos adaptados por niveis para traballar na aula e fomentar o coñecemento da cultura e lingua galegas.
Recursos educativos
Conto infantil
Material narrativo ilustrado dirixido ao alumnado de Educación Infantil e ata 3º de Educación Primaria. Unha primeira aproximación á autora a través da imaxinación e a lectura.
Roscos interactivos
Actividades dixitais para aprender xogando:
- Nivel medio: de 4º de Primaria a 2º da ESO
- Nivel avanzado: desde 3º da ESO en diante
Recursos pensados para reforzar contidos e comprensión dunha forma dinámica e participativa.
Biografía ilustrada de Begoña Caamaño
Publicación visual e didáctica en formato descargable, ideal como material de apoio para centros educativos e traballo en aula.