Achegándose aos 4.000 títulos editados e cunha nómina de 1.500 autoras e autores, Galaxia cumpre 75
anos neste 2025, constituíndo a referencia histórica da edición en lingua galega. Nomes como Francisco
Fernández del Riego, Carlos Casares, Otero Pedrayo, entre moitos outros, forman parte dunha historia que o é tamén da cultura galega dos últimos 75 anos.
Para coñecer un pouco máis desta historia, desde a nosa área educativa preparamos un completo progra-
ma didáctico adaptado a todas as idades:
- Visita-conto con obradoiro | INFANTIL A 4º PRIMARIA | «As letras xogando entran»
- Visita con obradoiro | 5º PRIMARIA a 2º ESO | «Creando a nosa Galaxia»
- Visita comentada con obradoiro opcional | 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | «Crear porvir. Editorial
Galaxia 1950-2025»