Ata o 11 de novembro
Isaac Díaz Pardo, Soledad Penalta, Laxeiro, Berta Caccamo…Esta mostra foi realizada coa colaboración da
Xunta de Galicia. Articulada por 97 retratos das grandes figuras contemporáneas das artes plásticas galegas, retratos dun tempo e unha auténtica viaxe polos rostros creativos que deron luz a arte galega do século XX.
Co obxectivo de achegar a programación escolar a todos os escolares, contaremos con dous programas
didácticos:
Cores en folga. Para a rapazada desde infantil ata 4º de Educación Primaria.
Un pócima feiticeira rouboulle as cores os retratos dos artistas galegos, só os nenos poderemos devolverllas. Unha viaxe pola arte galega da man dalgúns dos seus rostros mais destacados. Un achegamento o mundo das cores primarias e as gamas de color. E un obradoiro moi tolo no que crearemos unha obra de arte sostenible e robótica.
Mulleres de rompe, rasga, pinta e traballa. Para a rapazada de PRIMARIA – 1º e 2º ESO.
Nesta viaxe trataremos de coñecer as mulleres que fixeron historia na arte galega. Nesta ocasión, a escolma elixida para coñecer a nosa arte será exclusivamente feminina, e non porque os nosos artistas masculinos carezan de importancia. Pero é hora de poñer o foco nas mulleres. Mulleres de rompe e rasga que, abrindo camiños, conseguiron destacar e formar parte, por dereito propio, da nosa historia.
E no obradoiro, dous opción a elixir: robótica e programación ao servizo da arte ou instalacións artísticas
sostibles.