Improvisación e imaxinación para espertar o enxeño con este concerto que propón Odaiko. A través do factor sorpresa, e facendo uso do humor e a interacción, preséntannos diferentes elementos de percusión que nos levarán a melodías cheas de ritmo e, polo tanto, con diversión garantida.
De todas as actividades presenciais, farase unha función acompañada de linguaxe de signos na localidade de Vigo.