Actividades escolares 

SIMULTÁNEA: VOAR COA IMAXINACIÓN NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

03-09-2024

ATA

18-03-2025

Información

Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como un dos axentes máis destacados da vida cultural e social de Galicia. Sendo a Colección de arte de Afundación un dos principais eixos de divulgación da cultura galega, este outono, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica á Colección nas súas 7 cidades a través de 7 exposicións que contan con actividades escolares para todas as idades, e onde a arte e a historia, a programación e a robótica, así como a creatividade e a sustentabilidade son algúns dos ingredientes principais.

A nosa Colección abre as súas portas na cidade de Vigo a unha das temáticas artísticas capitais da pintura galega contemporánea: viaxamos ao mundo da fantasía.

Imaxes imposibles, soños, contos e lendas. Un canto ao imaxinario colectivo de marca galega, que pretende ser un punto de referencia para as e os escolares a través dun programa orientado a todas as idades e onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

  • Infantil a 4º Primaria | Visita-conto con obradoiro |  O oráculo dos contos
  • 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro | A grande evasión… da realidade
  • 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. Voar coa imaxinación na Colección de Arte Afundación

DESCARGAR RESUMO DIDÁCTICO

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Vigo

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Galería

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

DIVERSA, V Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC#5), achega a ...

INSCRICIÓN PECHADA

O traballo de seis artistas ligadas a Galicia e que ...

INSCRICIÓN PECHADA

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN ABERTA

Arte Galega, historia do obxecto e bodegón, do formalismo ao ...