Actividades escolares 

SIMULTÁNEA: O OBXECTO CONTEMPORÁNEO E DOMÉSTICO NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACION

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

03-09-2024

ATA

03-03-2025

Información

Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como un dos axentes máis destacados da vida cultural e social de Galicia. Sendo a Colección de arte de Afundación un dos principais eixos de divulgación da cultura galega, este outono, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica á Colección nas súas 7 cidades a través de 7 exposicións que contan con actividades escolares para todas as idades, e onde a arte e a historia, a programación e a robótica, así como a creatividade e a sustentabilidade son algúns dos ingredientes principais.

O obxecto foi o protagonista historicamente do Bodegón, un xénero que na actualidade se converteu en diverso, prezado e versátil. A través da Colección de Arte Afundación gozamos dunha visión global que abrangue desde formulacións formais próximas ao impresionismo, ao cubismo ou ao hiperrealismo ata chegar ao conceptual, e que conforma un exemplo incomparable das múltiples expresións da plástica galega dese período.

O obxecto é a base do programa escolar orientado a todas as idades e onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

  • Infantil a 4º Primaria | Visita-conto con obradoiro | Co meu dedo creo un desexo
  • 5º Primaria a 2º ESO. | Visita guiada adaptada con obradoiro | @s ready-mades de Galicia
  • 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. O obxecto contemporáneo e doméstico na Colección de arte Afundación

DESCARGAR RESUMO DIDÁCTICO

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Ferrol

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

DIVERSA, V Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC#5), achega a ...

INSCRICIÓN PECHADA

O traballo de seis artistas ligadas a Galicia e que ...

INSCRICIÓN PECHADA

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN ABERTA

Arte Galega, historia do obxecto e bodegón, do formalismo ao ...