Actividades escolares 

SIMULTÁNEA: ARQUITECTURAS NARRADAS NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

03-09-2024

ATA

01-02-2025

Información

Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como un dos axentes máis destacados da vida cultural e social de Galicia. Sendo a Colección de arte de Afundación un dos principais eixos de divulgación da cultura galega, este outono, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica á Colección nas súas 7 cidades a través de 7 exposicións que contan con actividades escolares para todas as idades, e onde a arte e a historia, a programación e a robótica, así como a creatividade e a sustentabilidade son algúns dos ingredientes principais.

Unha viaxe a través dos lugares máis dispares do mundo, algúns mesmo imaxinados, partindo da cidade que nos acolle, Santiago de Compostela. Diferentes tipos de construcións, humildes, verticais, relixiosas, deshabitadas… que marcan os ritmos e movementos das persoas que as habitan. Cidades e vilas, reais e oníricas, que tecen un conxunto de redes nas que as persoas forman lugares e os lugares forman persoas.

Desde a nosa área educativa poñemos en marcha as seguintes actividades para escolares, coas que combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

  • Infantil a 4º Primaria | Visita-conto con obradoiro | Cidade de soños
     
  • 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro| Arquitect@@s para o futuro
  • 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. Arquitecturas narradas e outras escenas da cidade na Colección de Arte Afundación

DESCARGAR RESUMO DIDÁCTICO

modalidade

Presencial

LUGAR

Sede Afundación Santiago de Compostela

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

DIVERSA, V Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC#5), achega a ...

INSCRICIÓN PECHADA

O traballo de seis artistas ligadas a Galicia e que ...

INSCRICIÓN PECHADA

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN ABERTA

Arte Galega, historia do obxecto e bodegón, do formalismo ao ...