Actividades escolares 

SIMULTÁNEA: ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS NA COLECCIÓN DE ARTE AFUNDACIÓN

Visitas e obradoiros creativos sobre a Colección de Arte Afundación

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

03-09-2024

ATA

01-02-2025

Información

Afundación, Obra Social ABANCA cumprimos 10 anos como un dos axentes máis destacados da vida cultural e social de Galicia. Sendo a Colección de arte de Afundación un dos principais eixos de divulgación da cultura galega, este outono, presentamos SIMULTÁNEA, un macro proxecto que implica á Colección nas súas 7 cidades a través de 7 exposicións que contan con actividades escolares para todas as idades, e onde a arte e a historia, a programación e a robótica, así como a creatividade e a sustentabilidade son algúns dos ingredientes principais.

A Colección de Arte Afundación posúe, entre os seus tesouros, unha ampla variedade de artistas que foron abríndose camiño na linguaxe abstracta. Artistas cunha vinculación a Galicia que nos dá a oportunidade de relatar como e de que xeito a arte galega se foi aproximando a unha das linguaxes máis anovadoras do século XX.

Enfrontarnos ás aprehensións que xera o universo creativo da abstracción é un dos obxectivos do programa educativo desta mostra  onde combinamos arte, programación e robótica, con creatividade e sostibilidade:

  • Infantil a 4º Primaria | Visita-conto con obradoiro | Un ring para Yin e Yang
  • 5º Primaria a 2º ESO | Visita guiada adaptada con obradoiro | Independent Art
  • 3º e 4º ESO, bacharelato e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | Simultánea. Abstraccións e mensaxes cifradas na Colección de Arte Afundación

DESCARGAR RESUMO DIDÁCTICO

modalidade

Presencial

LUGAR

Café Moderno Afundación Pontevedra

ETAPA ESCOLAR

Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, CF

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar. Grupos e colectivos en risco de exclusión social, de balde.

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

DIVERSA, V Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC#5), achega a ...

INSCRICIÓN PECHADA

O traballo de seis artistas ligadas a Galicia e que ...

INSCRICIÓN PECHADA

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN ABERTA

Arte Galega, historia do obxecto e bodegón, do formalismo ao ...