Os mellores concertos de clásica para escolares.
Fóra do horario lectivo, os grandes recitais da clásica achéganse á mocidade coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e outras grandes orquestras.
Os centros educativos de Vigo dispoñen de localidades por concerto para o alumnado, co acompañamento de docentes ou unha persoa adulta responsable do grupo. Trátase dunha iniciativa para dar a coñecer a música clásica, fomentar o amor por ela, e chegar así a un relevo xeracional.
Enviarase unha invitación a cada centro escolar para facer a solicitude.