A obra de teatro preséntanos unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo, e un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a súa filla. Buscando solucións, argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca… Alí atopará a forza necesaria para reconstruír a súa vida.
O mundo está roto pero pódese camiñar é a memoria dunha nena de 10 anos que se reconcilia coa vida e co seu pai, despois de pasar por unha perda traumática.
Actividades escolares