Esta obra aborda a problemática do acoso escolar a través dunha historia que reflexiona sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. Tori, a súa protagonista, quere ser ninja e adestra todos os días para pasar inadvertida. Nese proceso, descobre que no seu colexio hai outras nenas e nenos que queren ser invisíbeis para deixar de sufrir acoso nas aulas. Coa axuda do seu veciño, o señor Edelmiro, buscan a forma de dar visibilidade ao que está a acontecer e conseguir mudar a situación.
Actividades escolares