Actividades escolares 

Hugo

Teatro
de Naufragos Teatro

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2023

ATA

01-10-2023

Información

Empatía, diversidade, a beleza de sermos diferentes.

Gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022. Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA.

Unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia, chea de sensibilidade e empatía, que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes.

De todas as actividades presenciais, farase unha función acompañada de linguaxe de signos na localidade de Vigo.

modalidade

Presencial

ETAPA ESCOLAR

3º e 4º de Educación Primaria

DURACIÓN

50 minutos

IDIOMA

Galego

PREZO

2,50 € cada escolar

PERIODO ESCOLAR

2º trimestre

AFORO

-

Datas

  • 26 febreiro a 1 marzo (Vigo). Sesións 10.00 (con linguaxe de signos 28 de febreiro) e 12:00 h
  • 4 a 6 marzo (Pontevedra). Sesións 10:00 e 12:00 h
  • 8 marzo (Ferrol). Sesións 10:00 e 12:00 h
  • 11 e 12 marzo (Ourense). Sesións 10:00 e 12:00 h
  • 13 marzo (Lugo). Sesións 10:00 e 12:00 h
  • 14 marzo (Santiago). Sesións 10:00 e 12:00 h
  • 15 marzo (A Coruña). Sesións 10:00 e 12:00 h

Descargas

Inscrición

Instruccións: as inscricións nas actividades de artes escénicas realizanse exclusivamente a través do portal de centros de Afundación ó que podes acceder pulsando no botón “Acceso a centros”. Recorda que cada centro ten un usuario e chave única. Máis información no teléfono 986 12 00 89. 

Recordamos que se a inscripción está pechada pode consultar telefónicamente a dispoñibilidades.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Acoso virtual e encontro cunha experta. Encontro coa sexóloga Bárbara ...

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Bullying e ciberacoso. ...

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Implicación social . Teatro participativo en inglés ...

INSCRICIÓN ABERTA

Implicación social . Teatro participativo en inglés ...