Actividades escolares 

Golfa

Teatro
de Primera Toma Coach – Crémilo

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2023

ATA

01-10-2023

Información

Obra sobre acoso virtual. Encontro cunha experta.

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que reza “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Amanda e Fran foron parella fai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura, Amanda non tivese sufrido un terrible acoso virtual que leva os seus pais a denunciar a posible autoría de Fran detrás deste feito.

Unha palabra pode cambiar o curso dunha historia, como nos relacionamos coa nosa contorna e esta con nós. Detrás dun insulto poden esconderse algúns dos males que nos asolan como sociedade. Unha obra feita co apoio da Fundación Sexpol, Col. Oficial Psicólogos de Madrid.

De todas as actividades presenciais, farase unha función acompañada de linguaxe de signos na localidade de Vigo.

ENCONTRO
Tras a obra de teatro, desenvolverase un encontro coa sexóloga Bárbara Penas que coordinará e dirixirá un debate sobre o tema, con espectadores e os actores e actrices. Bárbara Penas é traballadora social e sexóloga especializada en xénero pola Fundación Sexpol. Desde 2017 acompaña centros educativos a través de sesións en sexualidade e igualdade para a transformación social.

modalidade

Presencial

ETAPA ESCOLAR

3º e 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato

DURACIÓN

70 minutos – 25 minutos Encontro

IDIOMA

Galego

PREZO

5 € cada escolar

PERIODO ESCOLAR

1º trimestre

AFORO

-

Datas

  • 30 outubro (Vigo). Sesións: 9:45 e 11:45 h. (Función con linguaxe de signos).
  • 31 outubro (Santiago). Sesión: 11:00 h

Descargas

Inscrición

Instruccións: as inscricións nas actividades de artes escénicas realizanse exclusivamente a través do portal de centros de Afundación ó que podes acceder pulsando no botón “Acceso a centros”. Recorda que cada centro ten un usuario e chave única. Máis información no teléfono 986 12 00 89. 

Recordamos que se a inscripción está pechada pode consultar telefónicamente a dispoñibilidades.

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Bullying e ciberacoso. ...

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Implicación social . Teatro participativo en inglés ...

INSCRICIÓN ABERTA

Implicación social . Teatro participativo en inglés ...

INSCRICIÓN ABERTA

Teatro
Empatía, diversidade a beleza de sermos diferentes ...