EmocionArte. Obradoiro Literario.

Obradoiros artísticos sobre emocións
Pedro Feijoo

INSCRICIÓN

Aberta

DENDE

04-09-2025

ATA

31-12-2025

Información

Os últimos acontecementos sociais demostraron que, alén da formación intelectual e física, a educación emocional é fundamental para o desenvolvemento. Ata hai pouco, a atención relacionada con competencias emocionais parecía non ser relevante, converténdose na actualidade nunha necesidade á que se enfrontan escolares, profesorado e familias. 

Co obxectivo de dotar de ferramentas as e os máis novos que lles axuden a se comprenderen mellor e comprenderen a súa contorna, desde Afundación, Obra social de ABANCA, presentamos un programa específico orientado á saúde emocional:

EMOCIONARTE

Obradoiros artísticos sobre emocións a cargo do escritor Pedro Feijoo

Aínda que moitas veces nin sequera nos deamos conta, boa parte do traballo das persoas artistas consiste xustamente nisto: enfrontárense ás súas propias emocións para, a través do proceso creativo, atoparen a maneira de darlles forma. Ás veces trátase de manifestar aquilo que nos fai sentirnos vivas e vivos. Outras, de afrontar aquilo que nos atemoriza. Pero sempre, sempre, comunicándonos, xa sexa coa xente que nos rodea ou, moi especialmente, con nós mesmos e mesmas. Sen medo. Con liberdade.

Ao longo de xa case tres décadas, Pedro Feijoo desenvolveu unha intensa carreira como creador, primeiro no campo da música e, posteriormente, no da literatura. E será precisamente de toda esa experiencia da que nos valeremos neste obradoiro para atoparmos a maneira de dar forma a todas esas emocións. Tocando, escribindo, lendo ou ben compoñendo, aprenderemos a canalizalas para convertelas en algo novo. Unha creación que sexa comunicable, visible. Tanto para o resto como, sobre todo, para un/nha mesmo/a…

modalidade

Presencial

LUGAR

No centro educativo

ETAPA ESCOLAR

3º e 4º da ESO, Bacharelato e CF

DURACIÓN

1 hora (3 sesións: dous días da mesma semana e un da seguinte)

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

5€/escolar

PERIODO ESCOLAR

Todo o curso escolar

AFORO

Mínimo participantes: 40 alumn@s, máximo 50-75

Descargas

Inscrición / información

INSCRICIÓNS e máis información no teléfono 986 120 089

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN ABERTA

INSCRICIÓN PECHADA

INSCRICIÓN PECHADA