E entón, un xardín é unha peza de monicreques con música en directo. Unha comedia colorista e vitalista asentada na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe.
Neste espectáculo, o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto: a necesidade dun latexar común co mundo natural.
Actividades escolares