Presentamos esta nova mostra en Lugo que nos leva a viaxar a través da historia para
coñecer o noso universal instrumento, desde as súas representacións antigas en relevos e
retablos, ata as variadas formas que foi adquirindo ao longo dos anos e en diferentes
latitudes.
Unha análise da importancia da música na historia e na sociedade, o valor das vestimentas
e a transcendencia que este instrumento aerófono tivo na conformación da nosa cultura.
Un conxunto de gaitas primitivas e a representación gráfica da súa aparición en diferentes
pezas de arte, serán o eixo desta viaxe que parte desde Persia, percorre o sur de Asia, o
Norte de África e Europa ata chegar a Lugo.
Para comprender mellor esta travesía musical, traemos todo un catálogo de actividades
escolares:
INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita-conto con obradoiro | « A arte de converter o aire
en música »
5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro | « Fun polo aire e vin polo vento»
3º ESO, BACHARELATO e CF | Visita comentada con obradoiro opcional |
«Cornamusas primitivas, historia da civilización»