Desde Afundación, convidamos ao profesorado e aos centros educativos a participar nunha conferencia única e inspiradora da man de Emma Larreta, creadora do proxecto “Violencias inVISIBLES”, recentemente galardoado co Premio Solidario ONCE 2024.
Emma, sobrevivente dunha agresión machista que lle deixou secuelas físicas permanentes, transforma o seu testemuño nunha potente mensaxe de concienciación, resiliencia e superación. A través da súa historia e da proxección do documental Ama-das, a conferencia busca xerar un espazo de reflexión e aprendizaxe sobre a violencia nas súas distintas formas.
Por que traer o teu alumnado?
✔ Educación en valores: unha oportunidade para abordar a violencia de xénero e outras formas de violencia desde a empatía e a reflexión.
✔ Impacto real: o alumnado conecta coa experiencia de Emma dunha maneira próxima e emotiva.
✔ Formato dinámico: inclúe proxección audiovisual, testemuño en primeira persoa e un coloquio interactivo.