Programa de exposicións itinerantes polas vilas de Galicia, un xeito de chegarmos coa arte a máis espazos e xerar unha rede cultural de calidade para todos e todas.
Desde a área educativa Afundación poñemos a disposición dos centros educativos galegos material didáctico sobre as diferentes exposicións que forman parte do proxecto Corrente Cultural. Tamén se levarán a cabo visitas presenciais con obradoiros STEAM en días seleccionados e quedamos a disposición de toda a docencia, ben por vía telefónica ou por videoconferencia.