Actividades escolares 

«CASTELAO E O CAFÉ MODERNO»

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

20-01-2025

ATA

19-03-2025

Información

Este 2025 celébrase o 75º aniversario da morte de Castelao, unha das personalidades máis influentes da Galicia contemporánea. O Café Moderno Afundación, onde Castelao pasou numerosas xornadas de fala-
doiros ao longo dos 20 anos que viviu en Pontevedra, súmase a esta homenaxe e convida á comunidade escolar a participar nesta actividade.

A figura de Castelao segue presente no edificio canda outros ilustres, por este motivo, quen mellor ca el
para contar a historia que esconden as paredes do máxico Café.

Visita-xogo con obradoiro | INFANTIL a 3º PRIMARIA | «Na procura de novas e novos tertulianos»
Castelao está a xogar cos seus amigos tertulianos e escondeuse deles no edificio… Agora quere conversar
coas novas xeracións, cos nenos e nenas da cidade, mais para iso haberá antes que atopalo para que nos
guíe pola historia do Café Moderno.


Visita con obradoiro | 4º de PRIMARIA a 6º de PRIMARIA | «Reconstruíndo a historia do Café Moderno».
Os apuntamentos e debuxos de Castelao axudarannos a descubrir a gran figura do intelectual galego ao
tempo que reconstruímos a marabillosa historia do edificio. Tamén nos poñerá a proba sacando a parte
artística que levamos dentro.

modalidade

Presencial

LUGAR

Café Moderno Afundación Pontevedra

ETAPA ESCOLAR

Infantil e Primaria

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

2 € cada escolar.

PERIODO ESCOLAR

2º trimestre

AFORO

-

Datas

10 de febreiro a 20 de marzo

Descargas

Inscrición / información

Outras actividades

INSCRICIÓN ABERTA

DIVERSA, V Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC#5), achega a ...

INSCRICIÓN PECHADA

O traballo de seis artistas ligadas a Galicia e que ...

INSCRICIÓN PECHADA

Visitas e obradoiros creativos

INSCRICIÓN ABERTA

Arte Galega, historia do obxecto e bodegón, do formalismo ao ...