Teatro educativo sobre bullying e ciberacoso.
Esta historia fálanos de Max, O Señor das Moscas, un acosador e Gema, o seu obxectivo, alguén que sabe que non é unha vítima, porque será capaz de sobrevivir grazas á súa forza interior, á súa coraxe e á axuda da súa familia.
ENCONTRO
Tras a obra de teatro, desenvolverase un encontro entre espectadores e actores e actrices, onde se presentarán unha serie de conceptos e ferramentas relacionadas coa comunicación non violenta e a xestión das emocións e os conflitos.