Esta exposición de fotografía recolle o resultado do proxecto escolar «O espello de Claude» levado a cabo polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes en diferentes centros educativos de Galicia. Unha viaxe a través das emocións, desde o punto de vista de alumnado de ESO e bacharelato, que permite experimentar e abordar temas coma o acoso escolar ou a importancia de que as nosas emocións sexan comprendidas e validadas.
Velaquí a proposta da nosa área educativa:
ESO, bacharelato e CF | Relatos salvaxes
Unha apaixonante migración polas emocións para recoñecelas, verbalizalas, compartilas e traballalas. Traballarase cun texto literario e podcast no obradoiro.