Os montes son ecosistemas esenciais que regulan o clima, conservan a biodiversidade e proporcionan recursos vitais. O 21 de marzo, co gallo do Día Internacional dos Bosques, a ONU lembra a súa importancia e os desafíos que afrontar, como a deforestación e o cambio climático, e desde Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental Afundación, creamos esta exposición que nos convida a valorar e coidar estes espazos que son fábrica de vida. A seguir, propoñemos unha actividade para escolares:
INFANTIL E PRIMARIA | visita-obradoiro | «Moitos aneis para salvar o mundo»
O poder contar os aneis da madeira dunha grande árbore centenaria será o punto de arranque deste obradoiro no que comprenderemos a importancia de vivir en conexión co pulmón da vida, o monte. Crearemos unha gran cúpula natural chea de árbores imaxinadas.