Actividades escolares 

A conto de que unha historia das mulleres? con Ana Cabana

Conferencia – Coloquio

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

01-03-2024

ATA

13-03-2024

Información

xoves 14 de marzo, a prestixiosa historiadora e investigadora sobre perspectiva de xénero Ana Cabana ofrece dous encontros con motivo do ciclo EDUCACIÓN S. XXI. O primeiro deles, dirixido a escolares, será ás 11.00 h.

Esta conferencia tratará de botar luz sobre o pasado da metade da poboación, o gran obxectivo co que xorde nos anos setenta do século XX a historia das mulleres, unha área de coñecemento cada vez con máis presenza dentro da historia e en constante relación con outras disciplinas das Ciencias Sociais e das Humanidades, tamén interesadas no estudo das mulleres, das feminidades e do movemento feminista. Trátase dunha forma de facer historia, unha maneira de pensar, ler e escribir sobre o pasado que descobre o rol das mulleres en sociedades pretéritas, a súa relación con outras mulleres e cos homes, ademais de atender á evolución no tempo da construción cultural que é o xénero (feminidades e masculinidades). A conferencia achegará unha síntese sobre a evolución dunha disciplina pouco aberta a incluír o condicionante de xénero nas súas pesquisas.

modalidade

Presencial, Online

LUGAR

Sede Afundación Lugo - Praza Maior 16

ETAPA ESCOLAR

Todas

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán, Galego

PREZO

-

PERIODO ESCOLAR

2º Trimestre

AFORO

-

Datas

14 de marzo de 2024

Inscrición

A inscrición a esta actividade realizase dende a seguinte ligazón:

Escribenos a areaeducativalugo@afundacion.org ou rechea o formulario.

Outras actividades

INSCRICIÓN PECHADA

Actividade inclusiva
Respecto á diversidade, esforzo, empatía, aceptación da diferenza, autoestima, mellora ...

PRÓXIMAMENTE

Desenvolvemento emocional, afectivo, sensorial e perceptivo. Fomento da atención, das ...

PRÓXIMAMENTE

Os mellores concertos de clásica para escolares. Fóra do horario ...