Actividades escolares 

A arte de non amargarse con Rafael Santandreu

Conferencia

INSCRICIÓN

Pechada

DENDE

02-04-2024

ATA

25-04-2024

Información

O xoves 25 de abril, o prestixioso psicólogo clínico RAFAEL SANTANDREU ofrece un encontro con escolares dentro do ciclo EDUCACIÓN S. XXI.

Nesta conferencia aprenderemos o ABC da psicoloxía cognitivo-conductual, a forma de terapia máis eficaz segundo todos os estudos, que millóns de persoas levaron a cabo con éxito. Falaranos sobre a sorprendente capacidade de cambio que posúe o cerebro. Co adestramento adecuado, podemos pasar de nerviosos a tranquilos, de tímidos a extrovertidos, de medorentos a despreocupados.

Rafael Santandreu é psicólogo e autor de libros súper vendas, traducidos a máis de 20 linguas. Foi profesor en diferentes universidades e agora dirixe o Centro de Terapia Breve, un dos centros máis solicitados do noso país, con sedes en Madrid, Barcelona e Sevilla

modalidade

Presencial, Online

LUGAR

Auditorio ABANCA Santiago de Compostela

ETAPA ESCOLAR

Bacharelato, ESO e ciclos formativos

DURACIÓN

-

IDIOMA

Castelán

PREZO

-

PERIODO ESCOLAR

3º trimestre

AFORO

-

Datas

25 de abril. 11.00 h

Inscrición

A inscrición a esta actividade realizase dende a seguinte ligazón:

Podes inscribirte chamando ao 981 552 577.
Escribenos a areaeducativa@afundacion.org ou rechea o formulario.

Outras actividades

INSCRICIÓN PECHADA

O 7 de maio, ás 10.00 e ás 12.15h, trataremos o tema ...

INSCRICIÓN PECHADA

O 4 de abril, ás 10.15 e ás 12.30h, trataremos o tema ...

INSCRICIÓN PECHADA

Segundo diferentes estudos, a maioría de menores en España ‒sobre ...

INSCRICIÓN PECHADA

Construcción da identidade, autoestima, autoimaxe, xestión das emocións, motivación ...